XARDÍN ABERTO A TODOS; PECHADO A MOITOS. O meu pequeno mundo non é público, é un espazo privado aberto en público. Ninguén che manda leelo; ninguén cho prohibe. AVISADO VAS.

venres, 10 de xullo de 2009

Resultado do 1º Ollar de Seoane



Dase por finalizado o 1ºConcurso Ollar de Seoane, declarando vencedor a X.M.Tojeiro, xa que si ben Anónimo respondeu as 9:59, a súa condición asumida de aparecer, coma no mito de Ulisses, sendo Ninguén incapacítame para recoñecelo.

Ambos os tres (tamén o tuneador de coches que me deu a alegría de confirmar que entre tal gremio artístico tamén florea a guasa científica), acertaron de pleno coa especie en cuestión: Drosera rotundifolia, uhna das especies de plantas carnivoras que existen na bisbarra. Permitídeme felicitalos e agradecerlles na alma o dedicar o seu tempo, ao cabo a súa vida, a participar neste enredo. A min non me parecería tan fácil, a folla de drosera aínda se está abrindo e formando, e apoñer por rotundifolia frente a intermedia tiña os seus riscos. O xénero sí parecía doado.

Intentarei que a prósima edición do Ollar de Seoane, non rebaixe, coma rebaixou este, o récord mundial do concurso máis breve da historia dos concursos cortos.
Moitísimas gracias a todos e a miña noraboa e os meus parabéns para o gañador.
Ata logo, totus meus.


2 comentarios:

  1. Hola Rafael:
    ¡Gracias! A verdade isto é que me valeu para buscar información sobre esta pranta,que é o realmente importante, pois eu son máis ben de "bichos" que de prantas, aínda que de todome gusta saber.
    Un café ( ou o que se caia) estará esperando por ti na Capelada se che apetece facernos unha visita calquera día destes.
    Se deixas un comentario no meu blog co teu correo ou telefono (que non farei públicos)xa nos poñemos en contacto, que isto do internet está moi ben , pero non hai que perder o verdadeiro contacto humano.
    Un saúdo, e gracias por estas iniciativas.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa de novo, Tojeiro...
    ...seguirei ao pé da letra as instrucciós...

    A mandare.

    ResponderEliminar